O BNG afronta en pé igualdade calquera acordo de goberno para Guarda
Anxo Baz:“Opobo falou e votou cambio. Baixo esta premisa o BNG encara o próximo goberno optando a todo”
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO quere puntualizar certos aspectos sobre o panorama aberto na Guarda nas últimas eleccións municipais:
1- O BNG pasou de ter un grupo municipal de 3 a 5 concelleir@s.
2- O BNG acadou un empate técnico a 5 cun PSOE que na Guarda está a baixa.
3- Polo tanto, o pobo da Guarda dixo que quere un cambio e ese cambio é o que vai defender o BNG con firmeza nas reunións para constituír o novo goberno municipal.
4- O BNG vai sentarse nunha mesa de negociación e optar a todo e asumir as responsabilidades que o pobo lle encomendou.
5- O candidato do PSOE, Antonio Lomba, descartou publicamente a negociación co PP para centrarse na busca dun goberno de progreso co BNG.
“O candidato do PSOE debe ter claro que sentar a falar co BNG, é sentarse a falar en igualdade de condicións; é falar de todo. Cando digo todo, é todo”, comentou Anxo Baz, candidato á Alcalde da Guarda polo BNG.
6- O PP estase auto-excluíndo das negociacións pola falta de tacto e respecto cara esta organización, cando anuncia publicamente unha reunión que nunca foi acordada co BNG. Máis parece unha xustificación cara á galería que unha acción sincera de quen leva tratando con pouco respecto a esta formación política.