O BNG da Guarda presenta medidas urxentes para combater a crise social e económica provocada polo Covid-19
O grupo municipal do BNG da Guarda, ven de solicitar un pleno extraordinario para debater as medidas urxentes encamiñadas a paliar as consecuencias desta grave crise na nosa localidade.
“A crise sanitaria creada polo COVID19 non é só un problema de saúde pública de enorme magnitude. Os seus efectos van ter importantes consecuenciais tanto no eido social como no económico, polo que debemos preparar actuacións urxentes que diminuian os seus efectos na sociedade” comenta o portavoz municipal do BNG na Guarda, Anxo Baz.
As medidas que propon o BNG , a nível local agrúpanse en 5 bloques:
1. REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA LOCAL
-Supresión das taxas de terrazas municipais no periodo que permanezan pechadas.
-Bonificación do 100% dos recibos do lixo e auga, do periodo de cese de actividade, para comercios e hostalaría afectada polo cese de actividade. Esta mesma medida aplicarase no imposto de circulación para vehículos destinados ao uso comercial daquelas empresas e autónomos que estean en situación de cese de actividade.
-Reducción do importe das licenzas de apertura, para o fomento de creación de novas empresas.
-Reparto equitativo das obras as empresas locais, así como das compras a proveedores e contratación de servizos do Concello.
-Creación da mesa local do emprego na que participen asociacións de comerciantes, confraría, organizacións pesqueiras, sindicatos con implantación na localidade e organizacións políticas.
2. SERVIZOS SOCIAIS
-Incremento da partida de Emerxencia Social.
-Bonificación das taxas do lixo e auga para as familias que teñan unha renta per cápita inferior o IPREM(537,48€/mensuais) .
3. MELLORAS MEDIOAMBIENTAIS
- Posta en marcha do Plan Revitaliza, por un futuro máis ecolóxico que o mesmo tempo vai supor un aforro considerabel as arcas municipais.
4.MOBILIDADE E SEGURIDADE VIAL
A distancia social recomendada polas autoridades sanitarias, fai aínda máis necesario que contemos con espazos nas rúas que permitan realizar actividades de esparcemento e desprazamentos a pé ou en bicicleta con seguridade. Nesta nova situación a prioridade peonil debe ser un obxectivo básico en todas as rúas nas que sexa posíbel. O Concello deberá garantir que as prazas estean libres de coches xa que hai unha maior necesidade de esparcemento. Ademais deberase propiciar a diminución do tráfico rodado así como facer que se respecten as limitacións de velocidade e reducilas alí onde sexa necesario.
5. DERROGACIÓN DA LEI MONTORO
Instar desde o Concello á Xunta de Galiza a dirixirse ao goberno do estado para esixir a derrogación da Lei de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieira, lei orgánica 2/2012 do 27 de abril, para que deste xeito se podan destinar os recursos do Concello a políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica.