XAN LOIS: "O PP FAI TRAMPAS, PIDE DESENVOLVER UN RAQUÍTICO TERREO INDUSTRIAL NA GUARDA, MENTRES SE NEGA A DESENVOLVER O PARQUE EMPRESARIAL A GUARDA–O ROSAL DE 260.000 M2 ”
O BNG esixe ao PP da Guarda abandone a demagoxia co solo industrial
O Bloque Nacionalista Galego insta ao grupo do PP guardés a abandonar a demagoxia e a poñerse a traballar esixindo aos seus compañeir@s do PP no Goberno a poñer en marcha por vía de urxencia o polígono empresarial A Guarda-O Rosal que ten paralizado desde hai anos.
Ante as manifestacións realizadas polo PP da Guarda o BNG sinala:
1º- A política industrial é unha competencia autonómica e non municipal por iso existe Consellería de Economía, Emprego e Industria, algo que non debe ter claro o PP da Guarda.
2º- Resulta sorprendente que o PP presente unha moción para a posta en marcha dunha zona de solo industrial que está xa ocupada nun 40% por unha empresa desde hai moitos anos, e que outra parte deste terreo, aproximadamente, un 20% está ocupado e afectado pola Vía de Alta Capacidade, é dicir, que practicamente o 60% do ámbito está afectado.
2º Que nestes momentos hai un plan sectorial de Solo industrial que sitúa a escasos metros un parque empresarial de 260.000 m2 paralizado polo goberno do Partido Popular dende hai anos, que a poñan a funcionar.
3º Xa se fixeron expropiacións e pagos con cartos públicos, polo que hai un gasto que os gobernos do PP deberán xustificar ao pobo.
4º Calquera Plan Sectorial, como o do parque empresarial A Guarda-O Rosal, tramítase máis rápido que os terreos que habilita o PXOM actual, é un problema de vontade política.
Para o BNG a moción presentada polo PP non deixa de ser unha cortina de fume para esconder as responsabilidades que como goberno teñen de desenvolver chan industrial de calidade a prezos competitivos na Galiza, mentres se nos van escapando empresas para o veciño Portugal.