O BNG presenta emenda aos orzamentos da Xunta para un novo aceso ao porto da Guarda
“O BNG, un ano máis, presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta do PP para que dote de partida de cartos e execute un novo aceso ao porto Guarda polo sur”
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta gobernada polo PP para que se dote unha partida orzamentaria para a construción dunha novo aceso ao porto da Guarda pola parte sur, tal como ven facendo o BNG.
Esta mesma emenda foi presentada polo BNG o ano pasado e rexeitada pola Xunta do PP.
Para o BNG é fundamental o compromiso da Xunta do PP nesta obra. A Xunta de Galiza ten investido nos accesos de diferentes portos de competencia autonómica, polo que se entende que A Guarda ten o mesmo dereito.
“Temos un aceso ás instalacións do porto por medio dunha rúa totalmente urbana, obrigando á que todo o transporte que xera a actividade portuaria pase por aí. A Xunta ten unha débeda histórica co sector pesqueiro de baixura, mentres outros portos foron modernizando os seus accesos, aquí fomos quedando atrás”, comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG lembra que foi esta formación política a que tivo que convencer ao Alcalde da Guarda e ao PSOE de que non era necesario o PXOM para desenvolver un novo vieiro de calidade para conectar o porto da Guarda. Así, dende o Departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedradirixida polo nacionalista Uxío Benítez, estase a realizar un proxecto con varias alternativas para a realización dun novo acceso ao porto da Guarda polo sur.
“Agora que o BNG fixo o seu traballo na Deputación, quero ver como o candidato do PP, Roberto Carrero, esixe publicamenteao seu xefe na Xunta a realización, sen demora, deste novo aceso ao porto da Guarda. Outra cousa sería desviar o tema e deixar, unha vez máis, tirada á Guarda”, sinala Anxo Baz.
O BNG bota de menos unha maior implicación por parte do Alcalde da Guarda e do seu grupo de goberno neste proxecto. Dende o BNG imos seguir loitando e esixindo á Xunta do PP un trato igualitario a outros portos do país coas mesmas características.