“O BNG QUERE MIRAR PARA ADIANTE: QUE O PP DA GUARDA POÑA DÍA E HORA PARA IR FALAR CO REPRESENTANTE DA XUNTA QUE CONSIDEREN IDÓNEO E SAÍR DESA REUNIÓN CON PARTIDA E PRAZOS PARA EXECUTAR A OBRA”

O BNG solicita ao PP da Guarda que deixe de enredar co Acceso Sur do porto e esixa a Xunta a súa execución

P1050148
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG
O BNG solicita ao PP da Guarda que deixe de enredar co Acceso Sur do porto e esixa a Xunta a súa execución

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, ante as manifestacións do PP da Guarda sobre a proposta nacionalista para que a Xunta de Galiza realizase o acceso sur do porto da Guarda, quere mirar cara adiante e unir esforzos para que ese acceso sexa unha realidade. Pero hai que aclarar unha serie de puntos para que o PP non tome o “pelo” ao pobo da Guarda.

O PP da Guarda votou a favor dunha iniciativa no Concello que era moi parecida á presentada pola deputada do BNG Montse Prado Cores, se a iniciativa era equivocada, deberan votar en contra da mesma.

A iniciativa do BNG, pretendía sacar un compromiso do PP para dotar unha partida dos orzamentos da Xunta para a realización do Acceso Sur, pero o PP non adquiriu tal compromiso.

Portos de Galiza ten realizado obras de mellora de accesos e infraestruturas en diferentes Portos do país, como así o recoñeceron membros do Goberno galego.

Para o sector pesqueiro artesanal e para as redeiras, a construción do Acceso Sur élles unha obra beneficiosa e importante para a súa actividade económica, que redundaría positivamente no resto do pobo da Guarda, tal que como o fixeron saber en diferentes reunións tidas cos colectivos.

A deputada do BNG, Montse Prado, chegou a propoñer a retirada da iniciativa nacionalista se o PP adquiría un compromiso firme coa execución do Acceso Sur guardés, pois nin por esas se comprometeron.

“No BNG queremos mirar para adiante. Que o PP da Guarda poña día e hora para que vaiamos unha delegación do Concello da Guarda a falar con quen consideren oportuno na Xunta e saír desa reunión cunha partida de cartos e con prazos para executar o acceso sur”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.


Preme na imaxe para escoitar a intervención da deputada do BNG, Montse Prado Cores:

 

Montse Prado, deputada do BNG en comisión

O BNG solicita ao PP da Guarda que deixe de enredar co Acceso Sur do porto e esixa a Xunta a súa execución