Ana Miranda comprométese na Guarda a seguir defendendo ao sector pesqueiro galego na Eurocámara

Fotografía co sector do mar Guardés
Fotografía co sector do mar Guardés

“O candidato do BNG á Alcaldía da Guarda, Anxo Baz, comprometeuse a estabelecer unha mesa de pesca para establecer estratexias de axuda ao conxunto do sector pesqueiro guardés”

Ana Miranda comprométese na Guarda a seguir defendendo ao sector pesqueiro galego na Eurocámara

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e Anxo Baz, candidato do BNG á Alcaldía da Guarda, mantiveron hoxe reunións co sector pesqueiro na Guarda, nunha reunión celebrada na Confraría de Pescadores da Guarda con diferentes colectivos como ORPAGU, Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia e a propia Confraría con percebeiros de a pé e a flote. Tras o encontro, destacou que o escano do BNG seguirá sendo garantía de que en Bruxelas se escoite a voz do sector pesqueiro galego.

Ana Miranda defendeu que tanto nas negociacións de cotas, como na definición de pesca artesanal, como nas negociacións bilaterais, na Eurocámara debe terse en conta as necesidades e as peculiaridades galegas, xa que se trata dun sector estratéxico para Galiza. “Igual que fixemos nesta lexislatura, en Bruxelas daremos voz aos representantes do sector para que alí poidan explicar cales son os seus intereses e poidan ser escoitados”, manifestou.

No encontro puxéronse enriba da mesa diferentes preocupacións por parte dos diferentes sectores. Así, os coeficientes redutores, o recoñecemento de enfermidades profesionais, o problema das aletas nos palangreiros, xestión do botiquín, seguros, .... son preocupación dado as trabas que pon a administración e o custe que lle supón ao sector.

Existe especial preocupación pola falta de axudaspara a renovación da flota en xeral, e a palangreira en particular, que fai que sexa moi complexo renovar unha flota que ten unha media de 25 anos de antigüidade.

Outra das preocupacións é a falta de sensibilidade por parte da Xunta de Galiza pola especificidade da costa de Baiona á Guarda, cunha regulamentación demasiado estrita, en canto aos descansos semanais, dado o impedimento para saír a faenar en días de mal tempo facendo que existan meses con 3 ou 4 días hábiles para faenar.

AnaMiranda comprometeuse a seguir apoiando os acordo bilaterais de pesca da Unión Europea con terceiros países que beneficien ao sector galego. 

“Galiza debe ter voz, voto e veto nas institucións da UE onde se adoptan decisións en materia pesqueira que afecten ao sector”, asegurou Ana Miranda no encontro.

A eurodeputada do Bloque lamenta que ningún dos sucesivos gobernos estatais nin a propia Xunta de Galiza souberon defender o sector pesqueiro galego nas diferentes negociacións que tiveron lugar nesta lexislatura.


 

Ana Miranda comprométese na Guarda a seguir defendendo ao sector pesqueiro galego na Eurocámara