FALAMOS DUN ROSAL DINÁMICO QUE SEXA ATRACTIVO TANTO PARA O TURISMO COMO PARA OS PROPIOS VECIÑOS E VECIÑAS
Acto informativo do BNG sobre mobilidade no Rosal
15 xuño 2017 - 21:02
O vindeiro martes 20 de xuño ás 20:30 horas nos baixos do Concello do Rosal, o BNG vai realizar un acto informativo baixo o título “Un proxecto para O Calvario, por un Rosal con futuro”, no que a formación nacionalista presentará a súa visión da praza do Calvario dentro dun proxecto de mobilidade sustentábel no que teñen prioridade as persoas.
“Desde o BNG queremos un pobo para vivir, para pasear, implicado na vila. Falamos dun Rosal dinámico que sexa atractivo tanto para o turismo como para os propios veciñ@s”, comentou Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG no Rosal.
No acto intervirán Uxío Benítez, deputado Provincial de Mobilidade e Tenente-Alcalde de Tomiño, e Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG no Rosal.