En Oia, se non votas ao PP, non tes dereitos.

O concelleiro do BNG denuncia inxurias e calumnias cara á súa persoa por parte da Axencia Galega de Infraestructuras así como actitudes caciquís por parte do goberno do PP en Oia.

En Oia, se non votas ao PP, non tes dereitos.

Rematadas as obras de reposición das beirarrúas nas parroquias de Viladesuso e Santa María de Oia contempladas no proxecto técnico de "Renovación da capa de rodadura na PO-552, treito Vigo-Baiona", desde o BNG de Oia informa e denuncian as calumnias e inxurias por parte da Axencia Galega de Infraestructuras encargada das obras deste proxecto contra o concelleiro do BNG, Xosé Antón Rodríguez "Xúster". Estes acúsano de ter impedido a relación dos traballos e ameazárono con enviarlle ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dar conta ao órgano xurisdicional competente. 

Isto responde a que no nº 189 da rúa Vista Alegre no barrio da Riña, tanto a Axencia Galega de Infraestruturas como o Concello de Oia, non quixeron atender a demanda dos propietarios da vivenda afectada. O concelleiro do BNG en Oia, atendeu aos veciños que levan desde o 2006 solicitando unha entrada digna e a eliminación das humidades que lles provoca a elevacións da beirarrúa. A resposta da alcaldesa de Oia durante os últimos anos foi ignorar as demandas dos afectados así como as citas presenciais e chamadas telefónicas. 

photo1645214455
Foto da vivenda da que se fala no escrito. 

Por tanto, o concelleiro do BNG exercendo o seu dereito a defender os intereses de calquera veciña/o pediu que se respetara o acordado o luns 27 de setembro ás 10 da mañá. Ese día a alcaldesa de Oia, o enxeñeiro da Xunta, o vixiante de estrada, o concelleiro de medio ambiente, o encargada de obra e o concelleiro do BNG reuníanse cos veciños afectados acordando paralizar as obras nese tramo mentres estudaban a reclamación e non reanudalas sen avisar antes á propietaria da decisión tomada. 

Con todo, un mes despois comezaban de novo sen previo aviso e sen presentar solución ningunha á problemática. 

"O caciquismo semella ser o modus operandi de certas administracións, cumprindo acordos, desatendendo á cidadanía na reclamación dos seus dereitos, faltando á verdade nos plenos... e non sendo suficiente con iso: ameazando aos concelleiros da oposición por exercer os seus dereitos na defensa dos intereses da veciñanza" - comenta "Xúster". 

As obras deste proxecto levaron 966.112,17 euros só en cambiar lousas, mentres que o goberno rexeitaba a moción do BNG para a construcción de beirarrúas en Mougás e Pedornes."Malgastar case 1 millón de euros en obras innecesarias si, atender as lexítimas demandas duns veciños, non. A iso sempre se lle chamou caciquismo" - critica o concelleiro nacionalista. 

 

En Oia, se non votas ao PP, non tes dereitos.