ÁNGEL BAZ: “A ACTITUDE DOS TRABALLADORES XUNTO COA CIG NA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO CONTRASTA CO DESINTERESE E POUCA IMPLICACIÓN DO PSOE”

O BNG felicita aos traballadores de Estaleiros J. Castro polo acordo acadado coa E.M. Camposancos

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG, e Merchi Martínez, Vogal do BNG en Camposancos con traballadores de Estaleiro J. Castro
O BNG felicita aos traballadores de Estaleiros J. Castro polo acordo acadado coa E.M. Camposancos

O Bloque Nacionalista Galego considera de vital importancia o acordo adoptado entre a Entidade Local Menor de Camposancos e a empresa Estaleiros J. Castro s.l.

Este acordo vai garantir a continuidade da empresa, así como os seus postos de traballo cun futuro prometedor na localidade.

Dende o BNG quérese manifestar que este acordo vén dado pola presión dos traballadores, a CIG e a oposición obrigando tanto ao Alcalde Pedáneo de Camposancos como ao Alcalde da Guarda, ámbolos dous do PSOE, a chegar a un acordo entre a entidade menor e a empresa.

Dende o BNG instan ao Alcalde da Guarda a gardar os “fogos de artificio” destes días e lembrarlle que os traballadores levan 6 anos agardando por un acordo firme entre as partes, polo que ven desmedidas as aparicións públicas do rexedor cando até a data escapaba de calquera pregunta que dende o BNG se lle requiría.

“Agora toca asinar un contrato que leva 6 anos de atraso e que puxo en risco o futuro de moitas familias. Hoxe os traballadores poderán descansar un pouco máis tranquilos”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

“Non houbo forza política que traballase tanto para que este acordo sexa unha realidade como o BNG, presentamos suxestións que hoxe son base do dito acordo” comentou Merchi Martínez, vogal do BNG na E.L. M. de Camposancos.

Dende o BNG vaise estar vixiante para que haxa un cumprimento do acordo así como que se garanta, cando menos, os postos de traballo actuais.

O BNG felicita aos traballadores de Estaleiros J. Castro polo acordo acadado coa E.M. Camposancos