A XUNTA DO PP EN COLABORACIÓN CO GOBERNO MUNICIPAL TEÑEN QUE TOMAR MEDIDAS SERIAS
O BNG presenta unha moción para o control do xabarín na Guarda
“O BNG esixe unha actuación seria que remate cos campos e cultivos arrasados, accidentes de tráfico, instalacións deportivas inutilizadas, a falta de seguridade de peóns... que provocan os xabaríns”
O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar unha moción para a prevención, control e corrección dos efectos que provoca o xabarín na Guarda.
Para o BNG fai necesario un acordo plenario que inste á Consellería de Medio Rural a que adopte políticas que regulen un censo sostíbel do xabarín na Guarda. Tamén que se apliquen fórmulas encamiñadas a minimizar a acción do xabarín en zonas de alta sensibilidade como o Monte Trega ou o Esteiro do Miño.
“Urxe tomar medidas que eviten accidentes de tráfico, que garantan a seguridade dos peóns ou o arrase de campos de cultivo para uso doméstico. Non é normal ver xabaríns remexendo en contedores de lixo urbanos”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG inicia, con esta moción, unha serie de iniciativas co obxectivo de esixir o control a poboación de xabaríns na Guarda.