O BNG insta ao PP a incorporarse a negociación sobre o Estaleiro "J.Castro" en Camposancos
Merchi Martínez: O BNG viu unha porta aberta para chegar a un acordo entre a Entidade e o Estaleiro, mentres que o PP foi incapaz de facelo cos anos que leva
O Bloque Nacionalista Galego insta ao Partido Popular a sumarse á iniciativa proposta polos nacionalistas de abrir un proceso de negociación para buscar unha solución negociada ao conflito xerado entre a Entidade e a empresa Astilleros Joaquín Castro s.l.
A iniciativa do BNG consiste na celebración dunha reunión entre o presidente da entidade menor de Camposancos, as formacións políticas con representacións na Entidade, unha representación da empresa e dos representantes dos traballadores.
O BNG tivo unha posición de responsabilidade no último pleno da Entidade de Camposancos, en tanto en canto, hai unha empresa que non está a cumprir co acordado. Iso non impediu ao BNG seguir avanzando cara unha solución negociada, dado que foi despois do pleno cando se abriron as posibilidades de chegar a un acordo que, ante todo, ten que ser beneficioso para Camposancos.
O PP leva anos na Entidade de Camposancos e non aportou ningunha solución. O BNG, en apenas uns meses, abre a posibilidade de solucionar un conflito beneficiándose todas as partes, comentou Merchi Martínez, vogal do BNG na Entidade.
O BNG ve detrás das críticas do PP unha incapacidade por parte desta formación política para ofrecer unha alternativa, tal como está a amosar o BNG con apenas uns meses de representación en Camposancos.
A portavoz nacionalista Merchi Martínez lémbralle ao presidente da Entidade do PSOE que aínda non contestou a iniciativa presentada polo BNG: O presidente ten obriga de esgotar todos os camiños para acadar un bo acordo. Todos terán que ceder para sentarse a negociar.