O BNG procurará un acordo entre a Entidade de Camposancos e Estaleiro Joaquín Castro s.l."
O BNG ofrécese como mediador para a busca dunha solución negociada que beneficie aos Camposinos e Camposinas
O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no rexistro da Entidade Local Menor de Camposancos para a busca dunha solución negociada ao conflito xerado entre a Entidade e a empresa Astilleros Joaquín Castro s.l.
A iniciativa do BNG consiste na celebración dunha reunión entre o presidente da entidade menor de Camposancos, as formacións políticas con representacións na Entidade, unha representación da empresa e dos representantes dos traballadores.
O BNG, despois de diferentes consultas, chegou á conclusión de que hai unha apertura á procura dunha solución negociada que evite que o conflito remate nos tribunais.
Dende o BNG cremos que aínda é posíbel chegar a un acordo que sexa beneficioso para todas as partes, en especial, para os veciños e veciñas de Camposancos, comentou Merchi Martínez, vogal do BNG na Entidade de Camposancos.
Para o BNG é fundamental que este acordo sente as bases dunha relación na que a Entidade e Astilleros Joaquín Castro s.l. na que se asegure o mantemento e posíbel ampliación dos postos de traballo en condiciones de dignidade e o aumento dos ingresos da Entidade Local Menor de Camposancos vía concesión.
Para o BNG o Presidente da Entidade de Camposancos ten a obriga de esgotar todas as posibilidades que eviten un conflito nos tribunais, para o cal o BNG vai facer todo o posíbel para manter os postos de traballo e asegurar o beneficio do conxunto dos Camposinos e Camposinas.