O BNG insta ao Alcalde da Guarda a unha solución inmediata do Estaleiro J. Castro

O BNG insta ao Alcalde da Guarda a unha solución inmediata do Estaleiro J. Castro

 

“Neste momento hai en xogo máis de 20 postos de traballo nun contexto de crise económica na Guarda”

 

 

 

 

Ángel Baz, Portavoz municipal do BNG na Guarda

 

O Bloque Nacionalista Galego considera que xa pasou tempo máis que suficiente para que dende o grupo de goberno do PSOE, dea pasos firmes que aseguren a viabilidade dos estaleiros J. Castro.

 

 

Dende o BNG aseguran que se están a xogar coas esperanzas duns traballadores que no ano 2010, practicamente na rúa, optaron por buscar un plan de viabilidade que garantira o futuro da empresa con grandes sacrificios persoais.

 

 

O BNG lembra que neste momento a factoría ten unha carteira de pedidos á espera que obrigaría a máis contratacións.

 

 

Dende o BNG levamos meses traballando para que tanto a Entidade Menor de Camposancos, o Concello e a empresa cheguen a un acordo.

 

 

“O PSOE ten que aclarar publicamente cal é o motivo polo que está a atrasar un acordo que de non chegar, pode levar ao peche da empresa. Un alcalde está para ser parte da solución, non parte do problema. Até agora tanto o alcalde pedáneo como o alcalde da Guarda parecen empeñados en ser parte do problema”, comentou Angel Baz, portavoz municipal do BNG.

 

 

O acordo coa empresa beneficia a todas as partes: aos traballadores porque manteñen e incrementan os seus postos, á entidade de Camposancos porque incrementa en máis de 10 veces o canon que estaban a pagara empresa até agora, e a o concello porque o acordo ven dado por unha regularización da actividade que redunda no cobro de impostos.

 

 

Dende o BNG instamos ao Alcalde do PSOE da Guarda a que reflexione e a que chegue a un acordo con Estaleiros J. Castro. Dende o BNG poñémonos a disposición do grupo de goberno para mediar no conflito, iso si, tomaremos todas as iniciativas posíbeis para evitar o peche da empresa.

 

O BNG insta ao Alcalde da Guarda a unha solución inmediata do Estaleiro J. Castro