ÁNGEL BAZ: “DETRÁS DESTA CHAPUZA ESTÁ O INTENTO DO GRUPO DE GOBERNO DE BOICOTEAR O PLAN DE MOBILIDADE REALIZADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”
O BNG esixe a inmediata paralización da pretendida humanización da Praza do Reloxo
O BNG da Guarda, por boca do seu portavoz municipal, Anxo Baz, ven de facer público o seu máis absoluto rexeitamento as actuacións que está levando adiante o Concello na praza do Reloxo.
Segundo Baz “a improvisación e a falta de información aos veciños e veciñas, ademais da ocultación aos grupos da oposición, da obra que se está realizando, mostra ás claras o verdadeiro talante do Alcalde e do grupo de goberno do PSOE.”
Todo parece indicar, que detrás desta chapuza que o goberno municipal pretende chamar humanización, con obras illadas, sen coordinación, improvisadas e mal realizadas, está o intento do PSOE, de boicotear o Plan de Mobilidade e o único que van conseguir e un caos circulatorio no Concello afectando á calidade de vida dos guardeses con serios danos para o turismo e o comercio.
Improvisación do goberno do PSOE
A improvisación chega a límites inauditos: cambiaron até 3 veces no mesmo día o deseño da praza, co desconcerto tanto dos traballadores do concello como dos veciños e veciñas.
Esta actuación e outras que se están levando adiante en diferentes puntos do Concello, como o casco histórico, contradín rotundamente as recomendacións do Plano de Mobilidade encargado polo Concello da Guarda, a instancias do BNG, e realizado por técnicos competentes na materia.
Por este motivo facémoslle unha vez máis un chamamento ao Alcalde para que paralice a improvisación e poña en marcha o Plan de Mobilidade para a Guarda.