“A ACUMULACIÓN DESTES RESTOS SEN ENTERRAR SUPÓN UN FOCO DE DISPERSIÓN DESTE PARÁSITO QUE ESTÁ MATANDO Á MEIRANDE PARTE DAS PALMEIRAS DA COMARCA"

O BNG do Rosal pregunta polas palmeiras atacadas polo picudo vermello que hai no antigo vertedoiro de Couselo

foto anxela nota
foto anxela nota
O BNG do Rosal pregunta polas palmeiras atacadas polo picudo vermello que hai no antigo vertedoiro de Couselo

O BNG do Rosal ven de presentar unha serie de preguntas á concelleira de Medio Ambiente do Concello do Rosal para que expliqDetalle do depósito de palmeirasue cal é o destino dos restos de palmeiras atacadas polo picudo vermello que se están acumulando desde hai tempo no antigo vertedoiro municipal de Couselo.  

Como se pode ver na fotografía, trátase dun número considerable de restos que se acumulan ao aire libre, sen que pareza que se estea a tomar ningunha das medidas indicadas no plan de acción publicadas pola Consellería do Medio Rural en febreiro de 2016. 

O plan de acción da Consellería do Medio rural indica que os restos das palmeiras deben ser eliminados mediante trituración ou por enterramento, pois do contrario poden constituír un núcleo de dispersión que favoreza a infección de máis palmeiras. 
Restos de palmeiras contaminadas
Nin na páxina web do concello nin no Boletín Informativo Municipal se informa aos veciños da posibilidade de depositar os restos das palmeiras infectadas neste lugar. 

O BNG do Rosal pregunta polas palmeiras atacadas polo picudo vermello que hai no antigo vertedoiro de Couselo