O BNG congratúlase da rehabilitación do palco da música da Corredoira
Tui, martes 11 decembro de 2018. O BNG quere felicitar a execución das obras de restauración do palco da música do Cantón de Diómedes. Trátase dunha recuperación necesaria, despois do estado de abandono e desidia no que se atopaba ,por parte dos govenos do PP, durante décadas. Por ese motivo o anterior equipo de governo municipal, na persoa concelleira do BNG, Carme Núñez decidiu iniciar este proxecto a través da liña de axudas "Plan concellos" da Deputación de Pontevedra . A execución por parte das empresas adxudicatarias e dos e das técinas foi impecábel. "O resultado é o previsto, unha xoia do patrimonio para o desfrute das nosas veciñas e veciños", sinalou Carme Núñez.
Actuacións deste tipo a favor do patrimonio tudense foi ao que se compromentera o BNG desde a concellaría de patrimonio . Lamentamos que o actual equipo de governo perdese as subvencións que se conseguiran para outros proxectos iniciados e deseñados durante o anterior governo coma a rehabiltación da ponte medieval de Pexegueiro,e, o lavadorio e fonte de Rodas (Guillarei). Isto é consecuencia da inactividade do governo municipal, cando a rehabilitación do palco da música é un claro exemplo de que as cousas non so se poden facer doutro xeito, senón que son necesarias e precisas para coidar o noso patrimonio ,e, por expansión todo o que ten que ver co futuro de Tui.