O BNG denuncia a pasividade do Alcalde na subsanación nos erros da rúa San Caetano
“No último pleno ordinario e baixo instancia do bng, o psoe admitía os erros e comprometíase a subsanalos de forma urxente”
O BNG denuncia que catro semanas despois e cun estado das obras bastante avanzado, as correccións prometidas non existen e todo apunta a rematar cun parche de última hora.
Dende o Bloque Nacionalista Galego considérase que esta actitude do goberno municipal atende á desgana e lixeireza co que o PSOE toma as obras de humanización dunha rúa que leva catro anos de atraso.
Para os nacionalistas é incomprensible presumir de ter proxecto de Vila cando logo fan "changuiñas" por tramos sen ter redactado un proxecto integral da rúa como se tiña acordado en Pleno xa no 2016 a instancias do BNG.
É escandaloso ver como non se contemplan retranqueos que lle dan amplitude a rúa, o subrealismo chega ata o extremo de que a veciñanza catro anos despois ainda non sabe como vai quedar a futura Praza-miradoiro de San Caetano e o enganche con circunvalación.
"O acordo Plenario de 2016 foi redactar un proxecto da rúa para logo executar por tramos. A realidade é que o Psoe volve a facer unha reinterpretación dos seus acordos que acaba no desconcerto dunha veciñanza farta dos incumplimentos socialistas" apunta o voceiro nacionalista Anxo Baz.