O BNG solicita ao Alcalde da Guarda unha reunión de portavoces polo peche do ISM e Capitanía Marítima
Anxo Baz: “É preocupante a falta de sensibilidade das Institucións coa Guarda. Agora péchannos servizos fundamentais”
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, presentou un escrito solicitando unha reunión de portavoces, ante as noticias preocupantes que practicamente da o peche á oficina do ISM e á Capitanía Marítima.
“A perda de servizos para un concello como o noso é un desastre, por iso, debemos reclamar a continuidade destes servizos para evitar empeorar as condicións de vida da nosa xente do mar”, subliñou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.
A desaparición destas oficina, vai obrigar a mariñeiros e familias a ter que desprazarse fora da Guarda para facer trámites administrativos que até agora se viñan facendo aquí.
Para o BNG é fundamental un posicionamento de todas as formacións políticas para, da man das organizacións pesqueiras, esixir ás Autoridades pertinentes a toma en consideración a localización da Guarda e do servizo que realiza á poboación tanto da Guarda como do Rosal e Oia.
Os nacionalistas, presentaron unha iniciativa no Parlamento Galego, por medio da deputada do BNG Montse Prado, esixindo ao goberno galego e ao goberno español que actúen para resolver esta situación. “É fundamental ir da man do sector do mar, nós debemos ser un apoio fundamental para evitar o peche”, sinalou Anxo Baz.