O BNG esixe que se solucionen os erros nas obras de humanización do 2° tramo da rúa San Caetano
"Advertidos polo BNG, o propio grupo de goberno asume os erros, segundo eles, provocados polas présas na redacción do proxecto"
05 feb. 2020 - 00:58
Para o BNG é incomprensible falar de presas na redacción dun proxecto que leva dous anos de atraso. Hai que remontarse a 2016 para comprobar como este mesmo goberno asume un compromiso plenario coa aprobación da moción presentada pola veciñanza e defendida polo grupo nacionalista.
"Á improvisación coa que actúa o goberno socialista pon de manifesto unha vez máis unha maneira de actuar rutinaria, chapuceira e sin perspectiva ", denuncia Anxo Baz, o voceiro do BNG na Guarda.
O documento non contempla o retranqueo de varias fincas fora de alineamento, o que perpetúa o estreitamento da rúa e a imaxe de abandono nalgunha das fincas con muros con perigo de derrube, aparición de ratas, etc.
Despois de visitar a obra coa veciñanza, o BNG esixe o arranxo destes e outros problemas, como a filtración de augas nas vivendas que denuncian os residentes na rúa dende fai anos.