“O CONCELLO INCLUIRÁ NO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN O ARRANXO DA RÚA S. CAETANO DO BARRIO DA CRUZADA”

O pleno da Guarda aprobou a moción do BNG para arranxar a rúa S Caetano

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG, na rúa de S Caetano
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG, na rúa de S Caetano
O pleno da Guarda aprobou a moción do BNG para arranxar a rúa S Caetano

O BNG quere agradecer a todas as forzas políticas do concello a aprobación da moción para o arranxo da rúa S Caetano da Cruzada.

Para o BNG é de xustiza que se realice esta actuación nunha zona que leva moitos anos abandonada por parte dos diferentes gobernos municipais do PP e PSOE.

O BNG fíxose eco das queixas continuadas de veciños e veciñas do barrio que vían como a rúa S Caetano estaba caendo nun estado de abandono cada ano que pasa. Así podíanse ver fochancas cada pouco, humidades nas bodegas das casas froito dunhas instalacións municipais de saneamento totalmente obsoletas, ...

Teño que agradecer aos veciños e veciñas da Cruzada pola súas insistentes demandas de mellora da rúa e a iniciativa do BNG, o Alcalde da Guarda acaba de comprometerse con este barrio e o BNG vai lembrarllo”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG vai estar vixiante para que esta obra se leve a cabo e sexa un punto de inflexión nun dos lugares máis abandonados por parte dos gobernos do PSOE na Guarda.

O pleno da Guarda aprobou a moción do BNG para arranxar a rúa S Caetano