O BNG instará na Xunta de Portavoces do Concello da Guarda a exixir o restabelecemento do horario do ISM e da Capitanía Marítima

Portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, diante da oficina do ISM
Anxo Baz na oficina do ISM na Guarda

Anxo Baz: “ Agardo que o Alcalde sexa capaz de  situarse do lado do sector pesqueiro guardés”

O BNG instará na Xunta de Portavoces do Concello da Guarda a exixir o restabelecemento do horario do ISM e da Capitanía Marítima

O próximo luns día 2 de marzo, celebrarase a instancias do BNG unha reunión dos portavoces municipais do Concello para da man do sector pesqueiro, exixir do ISM o restablecemento do cadro de persoal da oficina da Guarda. Na actualidade a falta de persoal leva a un funcionamento irregular da oficina como coñecen perfectamente os seus usuarios. 

Outro tanto ocorre co servizo de Capitanía Marítima tras o pasamento do seu titular que pasou de estar operativa todos os días a un so día a semana.

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, afirma “estamos sorprendidos coas declaracións do Alcalde a un medio de comunicación local no que acusa ao BNG de crear alarma con este tema”. 

Os nacionalistas sinalan que a praza de directora do ISM está valeira dende setembro de 2018 asumindo a carga de traballo a administrativa acompañado do conserxe. Hai que engadir que a administrativa solicitou o seu traslado en marzo e confirmación da marcha dende novembro do 2109.

Hai dous anos que a corporación municipal de forma unanime pedía a reposición do servicio en horario natural da Capitanía sen ter resposta favorable algunha, nun servizo que vai en deterioro paulatino.

Para acabar concluíndo “agardo que ao final o Alcalde da Guarda sexa capaz de situarse do lado do sector pesqueiro guardés e e non de apaga-lumes da Administración central nunha actitude partidista”.

 


 

Imaxes con sendos comunicados que ilustran a precariedade dos dous servizos, tanto ISM como Capitanía Marítima, para un pobo mariñeiro como o da Guarda:


O BNG instará na Xunta de Portavoces do Concello da Guarda a exixir o restabelecemento do horario do ISM e da Capitanía Marítima