O BNG da Guarda vai facilitar a aprobación da Conta Xeral para impedir a perda de máis subvencións
Anxo Baz “ ante o desleixo e debilidade do Goberno do PSOE precisamos actuar con altura de
miras “
O portavoz municipal do BNG Anxo Baz, manifestou que “frente ao desleixo e debilidade do
goberno do PSOE precisamos actuar con altura de miras para frear a emorraxia de axudas
perdidas por non seren capaces de presentar a Conta Xeral a tempo”.
O feito de non ter presentado no prazo requerido a Conta Xeral por parte do goberno do PSOE,
levounos xa a non poder optar a tres subvencións da Xunta de Galiza como no seu momento
denunciamos dende o BNG.
As subvencións as que xa non podemos optar son aquelas destinadas a recuperación e
tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos, recuperación ou mellora de
miradoiros, sendeiros, rutas, a adecuación de espacios destinados ao estacionamento de
vehículos, asi como ao embelecemento das vías, ocultamento de colectores de residuos,
eliminación de cableado aéreo, recuperación de elementos de interese etnográfico ou de
arquitectura tradicional, ademais de proxectos de promoción e dinamización do
Xacobeo para os anos 2020 e 2021.
De non aprobarse a conta xeral canto antes, as axudas para a festa da lagosta ou
para novas infraestructuras perderíanse tamén algo do que o BNG non vai ser
cómplice. Este é o motivo polo que facilitaremos a aprobación da Conta Xeral.