O BNG cualifica os orzamentos 2.018 de continuístas e sen proxecto de futuro para a Guarda
“O BNG pula por un cambio de modelo que reverta a preocupante perda de poboación que sofre a Guarda. Estes orzamentos non afondan na procura de solucións”
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO volveu votar en contra, por segunda vez, aos orzamentos presentados polo goberno municipal do PSOE.
Para o BNG estamos ante uns orzamentos que cualifican de continuístas e que non abordan o problemas fundamentais que ten A Guarda.
Dende o BNG critican a falta de partidas que comprometan na mellora da mobilidade do concello, tanto do centro como das parroquias, como os proxectos de seguridade viaria para A Sangriña e para “Solanas”.
“O problema máis importante da Guarda é a perda de poboación que levamos sufrindo nos últimos anos. É deber do concello criar as condicións axeitadas para que isto cambie e para iso necesitamos facer un concello acolledor para as persoas, é dicir un cambio de modelo ao actual”, comentou Ángel Baz portavoz muncipal do BNG.
Non existe partida para un proxecto de reforma integral da Praza de Abastos que sexa o motor dinamizador de todo o comercio do centro urbano.
Para o BNG “axudas á educación” son ridículas: 3.000€, con ausencia de programas educativos para o alumnado con máis necesidades.
A xestión do lixo pasa de 225.000 € a 232.000€, mentres o goberno do PSOE renuncia ao Plan Revitaliza que fomenta o aforro e a compostaxe.
Non hai partidas para programas de promoción de emprego, así como, totalmente insuficiente as partidas para emerxencia social, algo que levamos denunciando orzamento tras orzamento, mentres nos permitimos o luxo de gastar 40.000 € en pintar o espigón do porto da Guarda, infraestrutura de competencia da Xunta, algo que roza o esperpento.
Reforma de Concepción Arenal e Rúa San Caetano
Ante as información que se están vertendo nos medios de comunicación, o BNG quere deixar claro que a única forza política que asegurou que a reforma de Concepción Arenal ía contar con orzamento para a súa execución foi o BNG, que xunto co grupo de goberno votaron favorablemente ao convenio coa Deputación, “tal convenio” é o que asegura ese financiamento tanto dentro duns orzamentos novos como duns orzamentos prorrogados.
En canto a mellora da rúa S Caetano é unha obra que tiña que vir no Plan Concellos 2.017, o PSOE atrasouna inexplicablemente para o Plan Concellos 2.018, esperamos a súa execución para o presente ano, polo que esta obra nada ten que ver cos orzamentos 2.018.