O BNG denuncia a perda de subvencións pola deixadez do goberno socialista guardés
“Nun exercicio de absoluta irresponsabilidade o goberno do PSOE imposibilita o acceso a subvencións da Xunta de Galicia ao non ter presentado a conta xeral en tempo e forma”
O voceiro do BNG, Anxo Baz, manifestou que até o día de hoxe son 3 as subvencións as que o Concello non pode optar, cifra que poderá ir crecendo de publicarse no DOG novas axudas por parte da Xunta.
“Unha conta xeral que ten que rendirse á Xunta de Galicia en Xuño, na Guarda non vai estalo como mínimo antes do 8 de Xaneiro do próximo ano” apunta o portavoz do bng Anxo Baz.
O nacionalista lembra que a situación pódese agravar no caso de presentarse alegacións a dito documento, o que dilataría os prazos poñendo en risco novas axudas vitais para o noso pobo.
Recuperación e tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos, iluminación ornamental dos recursos turísticos, recuperación ou mellora de miradoiros, sendeiros, rutas, a adecuación de espacios destinados ao estacionamento de vehículos, son algunas das acción subvencionables das que A Guarda queda fora.
O embelecemento das vías, ocultamento de colectores de residuos, eliminación de cableado aéreo, recuperación de elementos de interese etnográfico ou de arquitectura tradicional, son outras das tarefas das que non poderemos contar coa axuda da Xunta polo desleixo do goberno guardés.
A Guarda tamén quedará fora das subvencións encamiñadas a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 para os anos 2020 e 2021.