O PSOE vota en contra da proposta do BNG de regular os plenos en Camposancos
A actitude do PSOE lembra a dun -Señorito de Cortixo- limitando a democracia en Camposancos, mentres o PP ponse de perfil
O pasado venres discutiuse unha moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego para ao estabelecemento dun calendario de plenos da Entidade Local Menor de Camposancos.
Para o BNG resulta incríbel que en os representantes do PSOE voten en contra de regularizar o funcionamento da Entidade Local Menor de Camposancos.
O BNG lembra que na Entidade Local de Camposancos non existe ningún tipo de criterio que rexa a celebración dos plenos desta entidade, chegando a haber unha descoordinación entre a Entidade Menor de Camposancos e o Concello da Guarda facendo coincidir os plenos.
No pleno quedou claro que o PSOE trata a Entidade coma se fose o seu eido, non como unha institución democrática e moderna con planificación, comentou Merchi Vázquez, vogal da do BNG na Entidade de Camposancos.
Dende o BNG tratamos de construír unha institución máis aberta para os veciños e veciñas, sen limitar a participación na vida política de Camposancos e da Guarda, queremos que calquera poida explicar os seus problemas directamente no pleno.
Para o BNG o voto en contra do PSOE e a abstención do PP ilustran as poucas diferenzas que existen entre as dúas forzas que até agora monopolizaron a Entidade Local Menor de Camposancos.