O BNG inicia unha campaña para mellorar o transporte de enferm@s de hemodiálese no Baixo Miño
Para o BNG é inhumano 9 horas de viaxe e tratamento
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, vén de presentar mocións nos concellos da Comarca do Baixo Miño sobre as condicións nas que se está a dar o servizo de transporte d@s enfermos de hemodiálise na Comarca até a area de Vigo.
Para os nacionalistas a apertura do Novo Hospital de Vigo, Álvaro Cunqueiro, ven poñer de manifesto como a privatización da sanidade non só supón un encarecemento dos servizos senón tamén un deterioro dos mesmos.
Dende o BNG lembran que afectad@s do Baixo Miño xa rexistraron queixas polo servizo de transporte en ambulancia ante o SERGAS e ante a Valedora do Pobo onde reflicten a odisea pola que teñen que pasar debido a demora da viaxe de até 5 horas, dende A Guarda-O Rosal-Tomiño e Caldelas de Tui, até o Álvaro Cunqueiro, pasando antes pola residencia Os Carballos e Povisa.
Tamén hai persoas afectadas no concello de Oia con desprazamentos máis longos dado que que o percorrido comeza en Torroña (Oia).
O BNG levou este problema ao Parlamento galego
A deputada do BNG, Carme Adán, que mantivo un encontro cun dos afectados polo transporte, presentou unha iniciativa no Parlamento Galego para que se busque unha solución inmediata.
Hai persoas como Arximiro, que entre viaxe e tratamento teñen que estar nove horas. Esta situación afecta á súa calidade de vida, comentou Carme Adán.
Dende o Bloque Nacionalista Galego do Baixo Miño ínstase á Xunta de Galiza a que tome as medidas oportunas para mellorar o servizo de transporte en ambulancia.