Mitin do BNG en Salcidos
O BNG-AA celebrou un mitin na praza de Salcidos nun ambiente onde o bo humor e participación. O acto foi presentado por Benito "Mansa" candidato nº 5 e activista no movemento dos emigrantes retornados. Mansa deixou claro que soamente co proxecto do BNG-AA se pode dar o cambio á situación de parálise que nos levou tanto o PP como o PSOE, cunha sangante de emigración da mocidade guardesa e un nivel de paro que afecta a todas as capas da sociedade guardesa.
Mentres, Ángel Baz, realizou unha exposición sobre puntos básicos do programa electoral do BNG-AA, formulando un modelo de concello aberto, ético e transparente, no que a planificación, a participación, a valentía á hora de afrontar proxectos, como baixar o museo do monte ao centro da Guarda, peonalizacións como a da praza do reloxo con responsabilidade e dando alternativas de aparcamento ou o plan de turismo exterior, para a vila serán unha seña de indentidade nun futuro gobierno nacionalista.
O mitin rematou cun animado debate onde os viveros e vecinas de Salcidos deron a coñecer as súas problemáticas e no que se deixou claro que non é solución para as parroquias a política de empichados improvisados e sen planificación cada cuatro anos.
[gallery link="file" ids="247,248,249,250,252,253"]