Ángel Baz explica o programa do BNG-AA en Buxán
O BNG-AA celebrou esta tarde un acto aberto na praza de Buxán onde interviron Beatriz Lomba, nº 5 da lista, e Ángel Baz candidato á alcaldía da Guarda.
Durante a súa intervención Bea Lomba deixou claro a súa intención de querer vivir na Guarda a cargo do seu negocio. Para iso ve necesario un cambio na política municipal, cambio que soamente pode garantir a candidatura de BNG-AA, "porque entendemos que hai necesidades básicas que satisfacer para que unha conciliación laboral real, por iso apostamos pola mellora da Gardería municipal, con escasísimas plazas para crianzas de 0 a 1 ano".
Mentres o candidato á alcalde, Ángel Baz, foi explicando o proxecto do BNG-AA para a Guarda. "Unha mistura de planificación, responsabilidade á hora de prometer actuacións e unha dose de moito traballo poden volver a converter á Guarda dunha das referenzas na comarca do Baixo Miño", comentou o candidato.
Tamén explicou a intención de baixar o Museo do Monte Trega como un dos elementos que xunto coas casas indianas, un museo do mar mellor dotado, posta en valor da muralla medieval así como a promoción do castelo de Sta. Cruz poden dinamizar a economía local como atractivo para os miles de visitantes que chegan cada ano ao monte pero que non pisan a vila da Guarda.
[gallery ids="268,269,270,271,272,273"]