Ángel Baz no mitin do BNG-AA no Castro
Este luns o BNG-AA celebrou un mitin na praza do Castro no que interviron Félix Pérez e o candidato á alcaldía da Guarda, Ángel Baz.
Felix Pérez presentouse diante dos seus veciños e veciñas como integrante da lista electoral do BNG-AA preocupado pola parálise que está a vivir a Guarda. "Cada día hai menos traballo, pechan os negocios e marchas os nosos mozos e mozas, pero a alternativa está no BNG-AA", comentou Felix Pérez.
Mentres, Ángel Baz, desenvolveu os aspectos fundamentais do programa electoral do BNG-AA aberto, ético e transparente, no que a planificación, a participación e a valentía á hora de afrontar proxectos, como un plan de tráfico ou o plan de turismo exterior, para a vila serán unha seña de indentidade nun futuro gobierno nacionalista.
Durante a parte final do mitin desenvolveuse un interesante coloquio, no que se deixou claro que non é solución para as parroquias a "política de empichados" improvisados e sen planificación cada cuatro anos.
[gallery link="file" columns="2" ids="225,226,227,228,229,230,231"]