A corporación aprobou a moción do BNG para arranxar transversal Inguieiros
Para o BNG o acordo acadado ten que executarse canto antes para que este transversal deixe de ser unha preocupación para a veciñanza
Tanto a veciñanza como o BNG consideran moi positivo o acordo acadado para que se arranxe o Transversal Inguieiros
O BNG deixou patente que o actual estado da vía é un perigo para calquera que transite por alí. Esta situación agravouse co a última actuación realizada polo grupo de goberno na rúa de Inguieiros e no propio transversal dado que a impermeabilidade do terreo fai que toda a auga corra pola superficie do transversal se ningún tipo de control, polo que aumenta máis aínda o perigo para a veciñanza. Lembrar que esta situación xa tivo consecuencias nefastas para unha veciña, resultando seriamente ferida e con secuelas.
Despois deste acordo plenario, toca realizar a obra e que quede ben; estaremos atentos aos acontecementos, sinalou Ángel Baz portavoz municipal do BNG.
Para o BNG o acordo acadado no pleno é o punto de partida para acometer a reforma deste vieiro, solucionar os problemas de augas e o do propio firme. Polo que estaremos vixiantes para que este acordo se cumpra.