O BNG denuncia cortes de luz no alumeado público en varios lugares da Guarda
O BNG esixe explicacións ao goberno municipal polas deficiencias na iluminación de rúas guardesas
O Bloque Nacionalista Galego denuncia a situación coa que se está atopando os veciños e veciñas de diferentes lugares do concello da Guarda de na iluminación pública das rúas.
As deficiencias no alumeado público con cortes de luz en diferentes zonas da Guarda; así, na rúa Oliva xa levan sufrido cortes até en tres ocasións no que vai de verán, tamén houbo incidencias na rúa Malteses na que os veciños e veciñas tiveron que utilizar os móbiles para poder moverse pola rúa; pero a palma levouna o corte no alumeado público durante 15 días que tiveron que sufrir os veciños de certas rúas de Salcidos durante o mes de xullo.
O goberno municipal ten responsabilidade directa sobre o que está a acontecer. Non podemos imaxinar que vai ocorrer cando chegue o inverno. A súa obrigación é manter o alumeado público en perfectas condicións, comentou Ángel Baz, portavoz municipal nacionalista.
Dende o BNG instan ao goberno municipal do PSOE a que tome medidas urxentes para atallar os cortes, facer un seguimento e mantemento de todas as luminarias do concello.