O BNG solicitará no pleno o arranxo das pistas da Armona e do Puntal en Camposancos
Algo non funciona ben no concello da Guarda cando a esta alturas os traballos de posta a punto para o verán están sen facer
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO vai solicitar ao grupo de goberno do PSOE que acometa con urxencia os traballos de mellora do firme das pistas que comunican o Codesal coa Armona e o Molino co Puntal.
O portavoz municipal do BNG, Ángel Baz sinala que a posta a punto destes camiños é fundamental xa que son zonas de alto interese paisaxístico, inmersos en Rede Natura 2000.
Solicitude do BNG na Entidade Menor de Camposancos
Merchi Martínez, vogal do BNG, xa solicitou último pleno da Entidade Local de Camposancos o arranxo das pistas da Armona e o Puntal pola súa importancia, tanto para Camposancos como para a Guarda.
Presentamos iniciativas na Entidade e no Concello para que o PSOE sexa consciente da importancia da posta en valor dos nosos recursos turísticos, ás portas do verán, comentou Merchi Martínez.
Para o BNG resulta preocupante que a estas alturas do ano apenas se teñan iniciado os labores de acondicionamento do concello para a visita de turistas, sendo un reflexo do interese que nesta materia ten o PSOE na Guarda.
[gallery columns="2" ids="671,670,669,668"]