O BNG solicita a retirada da bandeira da Unión Europea no concello da Guarda
"É unha acción simbólica que debe facer reflexionar cara que Unión Europea estamos camiñando
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO solicitou a retirada da bandeira da Unión Europea en sinal de protesta polos graves acontecementos en relación á problemática dos refuxiados.
Para o BNG este acto a pesares de ter carácter simbólico é importante ante a actitude que está a manter a Unión Europea na crise das persoas refuxiadas que só pode ser definida como escandalosa e totalmente inhumana.
Nas últimas datas observamos como se lle entrega unha cuantiosa cantidade económica dos impostos dos pobos integrados na Unión Europea para mercar o Estado turco facendo que este peche as súas portas, prohibindo o desprazamento de centos de miles de persoas que marchan dunha guerra que foi alentada polo denominado mundo occidental.
O BNG vai realizar un reparto de información sobre este tema o próximo sábado a partires das 12 do mediodía no mercadillo da Guarda e na contorna da praza de abastos.