O BNG presenta proposta de peonalización da rúa do Porto no Concello da Guarda e en Portos de Galiza
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha serie de escritos no rexistro do Concello da Guarda como en Portos de Galiza no que amosa unha proposta para poñer fin aos problemas de tráfico existentes na zona peonil da rúa do Porto da Guarda.
O BNG ve con preocupación que ante as continuas situacións de perigo nas que conviven día a día veciñ@s e usuari@s da Rúa do Porto, tense remitido mil e unha reclamacións o longo destes anos, ao Concello e a Portos de Galicia e a día de hoxe non se teña solucionado o problema.
Para o BNG xa non son momentos de perder o tempo en notas de prensa e si en tomar decisións cun custo económico asequíbel e sobre todo efectivas e inmediatas.
Pretendemos que se faga algo canto antes porque a Xunta e o Concello non saben máis que marearnos a todos. Queremos que a rúa do Porto se converta nun lugar para gozar sen verse en perigo polo continuo rodar dos coches, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
Así, o BNG presentou tanto no Concello como en Portos de Galiza unha proposta que consiste na colocacición duns portais-maceteiros nos extremos da rúa, unha regulación de horarios de carga e descarga, así como a dotación de elementos que aporten unha imaxe máis peonil e facilite o goce da mesma como bancos, bambáns, testos con plantas, ...