O BNG presenta unha moción polo 25 Día da Non Violencia contra as Mulleres na Guarda
O BNG solicita a creación do Estatuto de vítima de Feminicidio e a mellora da atención psicolóxica, información e inserción laboral de mulleres maltratadas
O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción a prol da ampliación da acreditación por violencia de machista e da creación do Estatuto do Feminicidio.
A resposta fundamentalmente penal demostrouse insuficiente, temos que avanzar no apoio económico, psicolóxico e social, así como na prevención para eliminar esta lacra social, comentou Merchi Martínez, concelleira do BNG.
O BNG solicita na moción a modificación da lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero para incorporar a regulación do Feminicidio e o estatuto de protección das vítimas do feminicidio. Tamén se inclúe da proposta a mellora dos servizos de atención psicolóxica, información e inserción laboral das mulleres que sofren maltrato.