O BNG insta ao alcalde da Guarda a investir a totalidade dos 216.464 da Deputación na urbanización
O Goberno de Antonio Lomba discrimina aos veciños de tres vivendas
O BNG considera que no proxecto de urbanización para a rúa o Calvario debera primar as melloras do mesmo máis que o aforro.
Para os nacionalistas os 161.000 cós que finalmente se licitou a obra, quedan moi lonxe dos 216.464 aprobados pola DEPUTACIÓN. Polo que o portavoz municipal do BNG Ángel Baz, non dubida en cualificar esta licitación de preocupante e insta ao alcalde Antonio Lomba a investir a contía inicial aprobada e garantir así que este novo tramo non se converta no "campo de minas" no que quedou a primeira fase desta rúa do casco Histórico da Guarda.
O BNG cualifica esta baixada do prezo da obra de "despropósito socialista", aludindo que unha vez máis o goberno de Antonio Lomba discrimina aos veciños de tres vivendas.
Os prexudicados corresponden aos números 18, 20 e 22 que ven como nas súas portas a rúa vai en formigón mentres que no resto, o firme vai en pedra. Cando por falta de cartos non é, sinala Ángel Baz.
Dende o BNG non topamos motivos que xustifiquen tal xeito de urbanizar cando o orzamento da Deputación debera garantir calidade nos materiais e na execución da obra, sabendo que a lei obriga á devolución dos preto de 55.000 restantes á Deputación sen poder investilos en calquera outra rúa da Guarda.