O BNG insta ao Concello da Guarda e a Xunta a arranxar a cuberta do pavillón de Solanas
O BNG reclama máis implicación do Alcalde da Guarda para o arranxo do pavillón
O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no rexistro do concello da Guarda instando a o goberno do PSOE a tomar as medidas urxentes necesarias para arranxar definitivamente a cuberta do pavillón do C.E.I.P de Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo.
Para o BNG o estado do pavillón de deportes é cada vez máis preocupante e os temporais que estamos a sufrir nas últimas datas están a empeorar aínda máis se cabe o estado desta infraestrutura escolar.
Dende o BNG advirten ao goberno municipal que esta situación pode desencadear en calquera momento unha desgraza tanto persoal como material. O feito de que as chapas da cuberta estean soltas non soamente pode afectar aos usuarios da infraestrutura, tanto os nenos e nenas que diariamente acoden á clase como aos colectivos que utilizan o pavillón fóra do horario escolar, se non tamén a persoas que pasen polos arredores do centro educativo.
Resulta incríbel que o Concello e Xunta teñan coñecemento desta situación dende o 2.014 e non se fixera absolutamente nada. Parece que até que non ocorra unha desgraza persoal, non se van tomar medidas. Logo lamentarémonos, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
Para o BNG a degradación da estrutura pode ter como resultado ter que pechar o pavillón como medida de seguridade cos problemas que van supoñer tanto aos colectivos como ao alumnado do centro educativo.
[gallery columns="2" ids="579,580,578,577"]