O BNG denuncia no Parlamento Galego o deficiente servizo de erradicación da vespa asiática

O BNG denuncia no Parlamento Galego o deficiente servizo de erradicación da vespa asiática

O BNG denuncia no Parlamento Galego o deficiente servizo de erradicación da

 

  vespa asiática no Baixo Miño

 

logobng

 

Baixo Miño, 18-02-2016. As deputadas do BNG Tereixa Paz e Carme Adán presentaron varias iniciativas sobre as condicións nas que se está a dar o servizo de eliminación dos  niños de vespa velutina.

Na Comarca do Baixo Miño tense detectado como a presenza da avespa asiática se está a converter nun alarmante problema para as veciñas e veciños en determinadas actividades produtivas como a apicultura, forestais e agrarias debido a súa grande proliferación.

No Bloque Nacionalista Galego do Baixo Miño temos coñecemento de queixas por parte de veciños e veciñas sobre a xestión que se está a realizar para poder desfacerse dos niños de vespa asiática, pois as chamadas ao 012 están sendo respondidas con máis dun mes de atraso, ou, nalgúns casos séguese sen tomar ningún tipo de medidas. No caso concreto da Guarda, o portavoz municipal do BNG xa denunciou esta situación no Concello.

Ante as deficiencias no servizo de retirada dos niños increméntase a preocupación porque as vespas velutinas,que xa provocaron danos graves nas colmeasde abellas da zona e están a criar moitos máis avespeiros na Comarca.

Dende o BNG do Baixo Miño ínstase a Xunta de Galiza a que tome todas as medidas oportunas para mellorar o servizo de eliminación dos niños de avespas asiáticas.

 

O BNG denuncia no Parlamento Galego o deficiente servizo de erradicación da vespa asiática