O BNG insta ao Alcalde a tomar medidas sobre os apagóns de luz na Guarda

Ángel Baz, portavoz municipal do BNg na Guarda
O BNG insta ao Alcalde a tomar medidas sobre os apagóns de luz na Guarda

“O BNG non é a primeira vez que denuncia esta situación sen resultados por parte do goberno do PSOE”

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito solicitando ao Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e ao seu goberno municipal a que tomen medidas serias para que rematen os cortes de luz en diferentes zonas do concello.

Estes episodios véñense repetindo en diferentes zonas como Salcidos, rúa Malteses, Mazaracos, incluíndo a zona da praza do Reloxo e en diferentes épocas do ano.

O BNG xa denunciou en xullo os cortes de luz da zona de Salcidos e a rúa Oliva, tanto membros do BNG como veciños e veciñas son testemuñas da situación repetida noutras zonas do concello.

“O Alcalde da Guarda ten a obriga de velar polos intereses do pobo. Así que se poña a traballar, que vexa de quen é a responsabilidade dos cortes de luz e tome as medidas para que isto se solucione dunha vez”, sinalou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Dende o BNG deixan claro que un só electricista para máis de 10.000 habitantes é insuficiente e se as empresas eléctricas teñen responsabilidade, é o Alcalde da Guarda e o goberno do PSOE quen teñen que buscar unha solución obrigándoas a que tomen as medidas de mantemento necesarias para ter unha rede de luz apropiada.

O BNG insta ao Alcalde a tomar medidas sobre os apagóns de luz na Guarda