O BNG cuestiona a política de becas do PSOE na Guarda
O BNG prefire crear partidas para axudar as familias sen recursos á premiar expedientes académicos
O Bloque Nacionalista Galego quere saír ao paso dunhas declaracións realizadas polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, na que amosou a intención de crear unha partida de para premiar aos mellores expedientes académicos de Primaria, ESO e Bacharelato.
Dende o BNG consideran que en plena crise económica non é o mellor momento para fomentar este tipo de iniciativas de carácter elitista.
Para o BNG debe atenderse primeiramente as necesidades máis urxentes e esperar a mellores momentos para tomar este tipo de iniciativas.
Valoramos a aquelas rapaces e rapazas que sacan grandes expedientes. Mais agora urxe tomar medidas para equilibrar as desigualdades que os gobernos do PP e do PSOE nos teñen sumido, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
Dende o BNG deixan claro que este tipo de iniciativas non están na liña dunha política social na procura , polo que vai ser difícil asumir uns orzamentos desta natureza e instan ao Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a tomar a senda da recuperación social.