O BNG celebrou un acto sobre sanidade na Guarda

Foto da presentación do acto
O BNG celebrou un acto sobre sanidade na Guarda

“A ambición do PP por beneficiar aos seus coa privatización dos servizos sanitarios pon en perigo a poboación”

 

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

O Bloque Nacionalista Galego realizou un acto sobre as consecuencias do modelo do PP de privatización da sanidade que ten o seu máximo expoñente no novo hospital Álvaro Cunqueiro.

O acto foi presentado polo portavoz municipal do BNG, Ángel Baz, que agradeceu o comportamento do pobo da Guarda na última manifestación celebrada en Vigo. Asemade, deixou claro o compromiso do BNG coa sanidade pública na Guarda.

“O BNG traballou e traballa pola mellora dos nosos servizos sanitarios, aí están as campañas que levamos anos realizando: pola mellora do servizo de urxencias, do servizo de pediatría, reclamación do servizo de radioloxía, así como a petición dunha ambulancia medicalizada”, comentou o portavoz municipal nacionalista.

Manuel Moreira, membro da Plataforma SOS Sanidade Pública

Mentres, Manuel Moreira, médico e membro da plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo, detallou a gran operación de “privatización” levada a cabo na área sanitaria de Vigo que ten como vértice o novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

“Feijoo minte: tiñamos un hospital público cun orzamento de 450 millóns de € e agora temos que pagar a unha empresa privada 1300 millóns por un hospital máis pequeno e peor dotado”, comentou Manuel Moreira.

O acto rematou cun coloquio no que se puido amosar a preocupación existente pola actual situación de caos que se vive no novo hospital de Vigo, así como pola política de privatizacións que está a levar o PP que sitúa entre os beneficiarios de dita privatización a membros e ex-altos cargos do Partido Popular.

 

[gallery ids="461,462,463,466,468"]

O BNG celebrou un acto sobre sanidade na Guarda