O DEPUTADO DO BNG NO CONGRESO, NÉSTOR REGO, INSTA A QUE SE MANTEÑA ABERTA ESTA OFICINA PARA DAR SERVIZO O SECTOR PESQUEIRO DA ZONA E SE GARANTA A COBERTURA DAS PRAZAS VACANTES, ESTABELECENDO ALGÚN INCENTIVO LABORAL, E ASÍ MANTER O HORARIO COMPLETO DE APERTURA DA OFICINA.

O BNG reafírmase en denunciar a situación na que se atopa o Instituto Social da Mariña da Guarda

Portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, diante da oficina do ISM
Portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, diante da oficina do ISM

"Logo das declaracións do alcalde da Guarda, o portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, reafírmase nas súas denuncias en relación co peche de servizos diante da pasividade do alcalde"

O BNG reafírmase en denunciar a situación na que se atopa o Instituto Social da Mariña da Guarda

O portavoz do BNG, Anxo Baz, informou que "o noso deputado no Congreso, Néstor Rego, vén de denunciar a redución de servizos na oficina do Instituto Social da Mariña situada no noso concello. Reduciuse drasticamente o horario no servizo, provocando graves problemas ás persoas usuarias e a preocupación de diversas entidades vinculadas o sector do mar que dependen desta, a única sede física na comarca para a xestión de múltiples trámites".

O BNG instou o Goberno e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, a realizar xestións para garantir a cobertura das prazas vacantes, estabelecendo algún incentivo laboral, e así manter o horario completo de apertura da oficina do Instituto social da Mariña. "O servizo estase cubrindo, unha vez á semana con persoal procedente doutras oficinas poñendo en grave risco a súa continuidade e recorda que esta situación súmase a desaparición doutros servizos como a Capitanía Marítima tras a morte do seu titular", declarou Anxo Baz.

Esta reivindicación do BNG xa foi feita o pasado mes de febreiro pola deputada do Parlamento Galego, Montse Prado, que acompañada polo portavoz municipal, Anxo Baz, e a concelleira Beatriz Lomba, manifestaron que "non se pode deixar desaparecer este servizo, porque supón unha desprotección para o sector que debe desprazarse á cidade de Vigo para realizar xestións que podería realizar nesta oficina. Tanto o Goberno como o Ministerio de Traballo deben manter aberta esta oficina para dar servizo o sector pesqueiro da zona, porque A Guarda é unha vila mariñeira cunha importante flota de baixura, altura e marisqueo, que conta cun gran número de veciños e veciñas que dependen deste servizo para realizar as xestións preceptivas para desenvolver a súa actividade no sector do mar", afirmaron.

O BNG reafírmase en denunciar a situación na que se atopa o Instituto Social da Mariña da Guarda