O BNG presenta mocións nos Concellos do Baixo-Miño para que se pronuncien contra a prohibición das r

O BNG presenta mocións nos Concellos do Baixo-Miño para que se pronuncien contra a prohibición das r

" O BNG presenta mocións nos Concellos do Baixo Miño para que se pronuncien contra a prohibición das redes artesanais no Río Miño"

 

Na Comisión Europea estase debatendo unha proposta de Regulamento polo que se prentende prohibir a pesca con redes de deriva. Isto pode supor a prohibición de artes ancestrais, sostibéis, xeradoras de riqueza nas nosas comunidades costeiras que se veñen empregando na Galiza tanto na pesca da sardiña, xeito, coma na pesco do río: trasmallo do Miño, lampreeira, muxileira, varga da solla, varga do muxo.

Isto evidencia con moita claridade como unha administración "supraestatal" ten competencias sobre os nosos recursos e como o uso irregular dunha arte nun recuncho de Europa, xa que a actual proposta ven provocada pola utilización da arte de deriva italiana "ferretara" que alclanza lonxitudes que chegan aos 2,5 quilómetros, e causa a mortaldade de varias especies protexidas, provoca situación de indefensión e nos ameaza coa desaparición de modelos tradicionais de subsistencia como é a pescaría do xeito ou as artes empregadas no Río Miño.

Pero tamén pon en evidencia que mentres o Estado español espreme as cativas competencias pesqueiras do noso País, e as centraliza, non ten rubor ningún en permitir que unha administración afastada dos pescadores, lexisle sobre os nosos recursos e nos veña a dicir que a actividade que levamos desenvolvendop durante séculos é inadecuada e debe ser eliminada.

O BNG presenta mocións nos Concellos do Baixo-Miño para que se pronuncien contra a prohibición das r