Unha delegación do BNG reúnese cos pescadores do Miño na Guarda e en Tomiño
Unha delegación do BNG reúnese cos pescadores do Miño na Guarda e en Tomiño
"Os pescadores concordan co BNG, que as aperturas incontroladas do encoro de Frieira provocan danos de grande magnitude no rio
Unha delegación do BNG na que participaron a Deputada do Congreso Olaia Fernández, o Deputado no parlamento galego Daniel Rodas o candidato a alcaldía da Guarda Ángel Baz e o Portavoz municipal Xan Lois Lomba reuníronse cos pescadores do Rio Miño na Confraría da Guarda.
Despois de daren conta aos pescadores das xestións e das propostas presentadas tanto no Parlamento Europeo como nos parlamentos Galego e Español para paralizar a normativa Europea que pretende ilegalizar as artes de pescas tradicionais do Miño abordáronse outros problemas que afectan ao sector.
As soltas de auga incontrolada do encoro de Frieira provoca danos de grande magnitude na fauna piscícola, aspecto que leva denunciando reiteradamente o BNG no parlamento Español. As centrais eléctricas actúan como auténticas propietarias do Rio co consentimento do goberno central enfatizou Olaia Fernández aspecto no que coincidiron cos pescadores.
Nunha reunión posterior celebrada en Tomiño cos pescadores desta localidade a Alcaldesa de Tomiño Sandra González comprometeuse a levar á Comisión de Límites toda a problemática do Rio así como a urxencia de que a Comision de Pescadores e a Confraría da Guarda formen parte desta Comisión para poder defender directamente os seus lexítimos intereses.