O  BNG EN TUI PRESENTA UNHA MOCIÓN NO VINDEIRO PLENO DESTE XOVES EN DEFENSA DUNHA AUTOESTRADA GALEGA, PÚBLICA E SEN PEAXE

O BNG de Tui defende a transferencia da AP-9 para Galiza e a eliminación das peaxes.

concelleiros de tui
Grupo municipal do BNG de Tui

"A AP-9 é unha vértebra fundamental no eixo atlántico da Galiza  e a percorren milleiros de persoas cada dia, isto supón un lastre  para a economía e os petos das galegas e galegos, tendo unha das peaxes máis caras do estado español."Asegurou a portavoz municipal do BNG, Carme Núñez.

 

 

O BNG de Tui defende a transferencia da AP-9 para Galiza e a eliminación das peaxes.

Audasa ten recaudado máis de 2.200 millóns de euros nas peaxes desde a súa apertura.Os beneficios que obtén a empresa non repercuten na mellora do servizo, ao contrario. As longas colas son habituais en determinadas épocas do ano e a iluminación e o asfaltado é deficiente en moitos tramos. Por riba, as e os usuarios habituais da AP-9 non poden beneficiarse de descontos polo seu uso frecuente, descontos que Itínere -o grupo onde se integra Audasa- si ofrece noutras autoestradas do Estado.

 

O deseño estatal de vías de grande capacidade obedece, de orixe, a unha concepción centralista e radial, allea por completo ás necesidades da realidade territorial, social e económica do noso país. A consecuencia é que temos unha maior facilidade de desprazamento cara a Madrid que cara dentro da propia Galiza.

 

A nosa petición é clara: Queremos que remate a estafa legal das peaxes da AP-9, a través do rescate da concesión, da súa transferencia á Galiza e da supresión das peaxes.

 

Para iso desde o BNG entendemos precisa  unha resposta unánime, deste concello, que esixa ao  Goberno español o cumprimento  do acordo tomado polo Parlamento Galego.

O BNG de Tui defende a transferencia da AP-9 para Galiza e a eliminación das peaxes.