O BNG do Baixo Miño defende unha AP-9 galega sen peaxes
"Acto de protesta que terá lugar este sábado 26 de novembro na peaxe de Figuerido, en Pontevedra, ás 11:00 horas pagando o importe con céntimos realizando así un bloque reivindicativo"
O BNG lanza unha ofensiva de mobilización social baixo o lema " AP9 galega e sen peaxes "como novo paso no obxectivo de acadar a transferencia desta autoestrada e poñer fin ao que cualifican de“estafa legalizada” das peaxes, nas que 20.000 galeg@s desembolsan 300.000 euros diarios a Audasa, unha media de 15€ por día e usuario, nun País que ten os segundos salarios máis baixos do estado.
Así pois, desde o BNG do Baixo Miño animan á veciñanza da comarca e aos colectivos de transportistas a participar de xeito masivo ao acto de protesta que terá lugar este sábado 26 de novembro na peaxe de Figuerido, en Pontevedra, ás 11:00 horas pagando o importe con céntimos realizando así un bloque reivindicativo. Esta acción vaise levar adiante polo BNG en tódalas peaxes da AP-9 para rematar co despropósito de que viaxar da Coruña a Vigo (130Km) sexa máis caro en peaxes que viaxar desde Coruña a Madrid (500KM).