ÁNGEL BAZ: “FIXEMOS UNHA PREGUNTA NO PLENO SOBRE ESTE TEMA E SALTARON AS DÚBIDAS. É O MOMENTO DE RECADAR INFORMACIÓN PARA VER SE TODO SE FIXO CORRECTAMENTE”

O BNG advirte de posíbel contratación ilegal de persoal para a recollida do lixo na Guarda

Grupo municipal do BNG na Guarda
O BNG advirte de posíbel contratación ilegal de persoal para a recollida do lixo na Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no rexistro do concello da Guarda sobre a contratación de persoal dunha empresa privada para a recollida do lixo no camión do municipal.

Dende o BNG lémbraselle ao Alcalde da Guarda e ao grupo de goberno que a recollida do lixo é competencia municipal e que ten que ter persoal suficiente para realizalo.

Un dos puntos que o goberno do PSOE deberá aclarar é se houbo a subcontratación do servizo ou o convenio asinado coa empresa para poder exercer ese traballo.

O BNG advirte de que o Concello da Guarda pode estar caendo nunha “Cesión ilegal de traballadores”, dado que no caso de existir tal subcontrata os traballadores non poden mesturarse cos do concello nin utilizar medios materiais do mesmo.

Durante o proceso de redacción da nova ordenanza do lixo, o BNG botou en falta un estudo de custes onde, entre outras cousas, contemplase a plantilla necesaria para este servizo e do que o Goberno municipal sempre escapou”, comentou Ángel Baz portavoz municipal do BNG na Guarda.

Ante semellante situación o BNG solicita ao Alcalde da Guarda e ao seu grupo de goberno que aclare esta situación dado que non foron satisfactorias as respostas dadas ao BNG no último pleno ordinario.

O BNG advirte de posíbel contratación ilegal de persoal para a recollida do lixo na Guarda