Charla-coloquio "As verdadeiras razóns da moción de censura " este venres en Tui

2017100223103930038
Carmen Núñez, portavoz municipal do BNG

Dende o BNG darase traslado de cales son as verdadeiras razóns de dita moción de censura

Charla-coloquio "As verdadeiras razóns da moción de censura " este venres en Tui

O BNG considera  que a moción de censura en Tui responde á estratexia do Partido Popular  na provincia de Pontevedra para conseguir nos despachos os gobernos municipais que non lle deron as urnas, con todo " desde o Bloque Nacionalista Galego estamos  convencid@s  de que a veciñanza de Tui tomará nota desta maneira de actuar do PP, na que prima os seus intereses partidistas por riba do interese xeral do concello" apunta Carme Núñez, portavoz municipal e concelleira de patrimonio. 

Así é que, o BNG organiza unha charla coloquio este venres, 13 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui para escoitar a opinión das veciñas e veciños sobre esta manobra escura e interesada, e, tamén para dar traslado de cales son as verdadeiras razóns de dita moción de censura. 

 

 coloquio moción censura cartaz

Charla-coloquio "As verdadeiras razóns da moción de censura " este venres en Tui