O BNG de Tui propón que o novo centro de saúde leve o nome de “Alejo Diz Jurado”

concelleiros de tui
Carme Núñez e José Martínez (concelleir@s do BNG en Tui)
O BNG de Tui propón que o novo centro de saúde leve o nome de “Alejo Diz Jurado”

concelleiros de tui

 

O doutor Alejo Diz Jurado foi un destacado médico de cabeceira .A súa laboura profesional levouno a cabo en Tui onde tamén mantivo unha comprometida actividade política chegando a ser   alcalde entre  1918 até 1922.

Nos anos trinta, un proxecto nacional levouno a Dinamarca para realizar unha investigación sobre o seguro de enfermidade que posteriormente defendeu xerando un amplo debate na clase  médica.
Fundou e dirixiu o  semanario político satírico La Tetera, no que asinaba co pseudónimo Criticón B.

 Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado o 13 de outubro  en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses

Así pois, desde o Bloque Nacionalista Galego de Tui, consideramos e defendemos que é de xustiza e merecedor, que o novo centro de saúde de Tui, leve o nome do doutor “Alejo Diz Jurado”, un home bo e xeneroso,pola súa laboura e compromiso social co Pobo de Tui, pobo que   segue transmitindo ás xeracións máis novas o seu agradecemento das persoas que atendeu e coidou como “médico dos pobres” como así foi e segue sendo popularmente coñecido.
O BNG de Tui propón que o novo centro de saúde leve o nome de “Alejo Diz Jurado”