Chamamento do BNG @s veciñ@s do Baixo Miño na defensa da sanidade pública o 4 de febreiro

WhatsApp Image 2018-01-30 at 18.40.19
Chamamento do BNG @s veciñ@s do Baixo Miño na defensa da sanidade pública o 4 de febreiro

Derivacións obrigatorias á sanidade privada con represalias se a doente reivindica o seu dereito a ser atendida na pública, prazos de atención que non se cumpren, listas de espera mesmo na atención primaria, saturación e pouco persoal nos hospitais e os PAC como grandes esquecidos do sistema de saúde.

“Ten que haber un cambio de 180 grados”, reclamou o responsábel comarcal do BNG no Baixo Miño, Laureano Muíños, pero para frear as leis privatizadoras e os recortes do PP “é preciso unha gran mobilización social, que a cidadanía responda nas rúas ante os golpes de estado de Feijóo nos despachos e no DOG en contra da sanidade pública”, demandou.

 O sistema sanitario galego está infectado por un virus perigoso que nace no laboratorio privatizador do PP e que está inxectando Nuñéz Feijóo ao sistema sanitario, poñendo en risco a vida e a saúde das persoas. E fronte a esta situación a mellor vacina é mobilizarnos o vindeiro domingo nunha grande manifestación en defensa da sanidade pública , dos hospitais comarcais e dos centros de saúde locais.

 

Derivacións á privada

Estas cifras son só  a punta do iceberg porque hai milleiros de persoas que non teñen cita simplemente porque as axendas están pechadas. E mentres a pública soporta recortes, Feijóo reforza á privada cun sistema continuado de derivacións, -86 pacientes cada día-, “síntoma de como se fai negocio a costa da saúde”.

Desde 2009, Galiza perdeu 3.000 profesionais sanitarios, elimináronse 700 camas nos hospitais, houbo un recorte continuado do investimento, -en particular na atención primaria porta de entrada ao sistema sanitario cun recorte acumulado de 2.000M€,  que en 2018 recibe un 15% menos de recursos dos que había en 2009.

“ Desde o BNG non queremos un país con persoas de primeira e persoas de segunda en función dos seus recursos para acceder a unha sanidade de calidade”, salientou Laureano Muíños, por iso, o 4 de febreiro é preciso saír a rúa  e secundar a manifestación nacional, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública,  que terá lugar ás 12h  desde a alameda de Compostela para defender o sistema público de saúde, concluíu.

*Autobuses desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui. Tarifa por persoa: 5€, aǵas desempregadxs de balde. Reserva prazas no: 616090632/[email protected]

 

Chamamento do BNG @s veciñ@s do Baixo Miño na defensa da sanidade pública o 4 de febreiro